Evento: Pequefilmes 2022 - Programa especial Olloboi

Pequefilmes 2022 - Programa especial Olloboi
domingo, 30 xaneiro, 2022 - 11:00
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

Pequefilmes 2022 - Programa especial Olloboi

Proxección de curtametraxes.

O alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de Galicia dirixe, escribe e tamén protagonizan esta selección de pezas audiovisuais realizadas no marco do Festival Olloboi que poderán verse nesta edición de Pequefilmes 2022. Olloboi é un festival de cinema escolar que se vén celebrando en Boiro dende o ano 2009 e que ten como obxectivo dar visibilidade á creación galega nas aulas e fomentar a realización de curtametraxes por parte dos estudantes, contando coa colaboración do profesorado e tamén de cineastas, actrices e actores galegos. Haberá dúas sesións especiais o día 30 de xaneiro nas Salas Miñocas (Auditorio 1) e Fanecas (Auditorio2) no Edificio CINC, con entrada de balde.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra