Evento: Eondry

Eondry
xoves, 27 xaneiro, 2022 - 19:00
CC Vialia,
Vigo

Eondry

Concerto de rock e rock progresivo.

A finais do 2007, coñécense case por casualidade Matías e Brian cun obxectivo en común, crear música, sen marxes nin ataduras. Co transcurso do tempo foron pasando distintos integrantes pero de traxectoria "fugaz" e tras as sucesivas viaxes de Brian, o grupo non se daba consolidado. A mediados do 2009, coñecen a André (Baixo), quen pecha o circulo co seu toque persoal,a banda comeza a escribir temas e asi, Eondry consegue a solidez que buscaba.

Eondry expón unha música persoal e creativa, sen marxes, sentindo e tocando o que sae desde as entrañas. Eondry reside en Vigo, esta formado por tres compoñentes, Math (guitarra e voz), André (baixo), Brian (batería, teclado, coros) o 2 de novembro de 2010 debutan en directo na Iguana Club teloneando a dúas bandas australianas (Heirs, The night terros) facendo un percorrido polas escena musical en Pontevedra.  Agora mesmo atópanse traballando no EP Debut: HYPERBOREA proxectando á música un toque mais sincero.

  • EONDRY - EDGE

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Santalices. O legado
30 de decembro
Mercado Cultural
A Gramola Gominola. Especial Nadal
30 de decembro
Auditorio Municipal
Concerto Galego de Aninovo
2 de xaneiro
Circo de artesáns - Rúa San Andrés, 36