Evento: Reino da Extinción

Reino da Extinción
sábado, 14 maio, 2022 - 20:00
Auditorio Municipal,
Vilagarcía de Arousa
Espectáculo teatral a cargo da Amorodio Teatro

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que un personaxe da Prehistoria sexa tan galego coma un do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda dos nosos catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por veces, paréceselle moito ao inferno!

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Cortello de Amor
7 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Iribarne
Iribarne
8 de maio, 20:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Gabinete Mirabilia
8 de maio, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Ictus
Ictus (Anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao)
8 de maio, 20:30
Casa da Cultura de Bertamiráns - Ames - A Coruña