Evento: La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental
La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental
La máquina de la soledad é a amplitude dun instante feito dunha tecnoloxía precaria, diminuta, invisible, que se activa cada vez que hai tinta entre as mans, de fronte a un papel, unha distancia, unha ausencia. Os seus embragues son memorias que se van escribindo con cada correspondencia recuperada tras de México e España, coa arqueoloxía de obxectos, de imaxes e anécdotas insólitas investigadas por escribáns, carteiros xubilados, arquivos e traballadores de correos. A Máquina é un documento desfollado nun espazo de micro-paisaxes e inventarios do ínfimo revelador que hai nos afectos que resgarda a materia.
Despois de estar en xira durante once anos coa súa primeira peza, Oligor creou con Shaday Larios este conto de amor, un espazo íntimo, case segredo, chegado por vez primeira a Galicia desde o outro lado do océano e onde todos os mundos son aínda posibles.



