Evento: La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental

  • La máquina de la soledad
La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental
xoves, 12 febreiro, 2015 - 17:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental

Unha homenaxe ao obxecto-carta e ao correo postal

La máquina de la soledad é a amplitude dun instante feito dunha tecnoloxía precaria, diminuta, invisible, que se activa cada vez que hai tinta entre as mans, de fronte a un papel, unha distancia, unha ausencia. Os seus embragues son memorias que se van escribindo con cada correspondencia recuperada tras de México e España, coa arqueoloxía de obxectos, de imaxes e anécdotas insólitas investigadas por escribáns, carteiros xubilados, arquivos e traballadores de correos. A Máquina é un documento desfollado nun espazo de micro-paisaxes e inventarios do ínfimo revelador que hai nos afectos que resgarda a materia.

Despois de estar en xira durante once anos coa súa primeira peza, Oligor creou con Shaday Larios este conto de amor, un espazo íntimo, case segredo, chegado por vez primeira a Galicia desde o outro lado do océano e onde todos os mundos son aínda posibles.

Máis información  e venda de entradas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea