Evento: Sexy Zebras
Sexy Zebras
Sexy Zebras é unha banda de rock en castelán orixinaria do barrio de Hortaleza, Madrid (España). Con formación ao power trio, os seus compoñentes son: Gabriel Montes (Voz principal e baixista), Jose Luna (Guitarrista e voz) e Samuel Torío (Baterista e coros).
Desde 2005, cando empezaron a xuntarse a tocar por hobbie, non deixaron nunca de crecer e dar concertos. Xa desde o primeiro momento e coas súas primeiras maquetas empezaron a tocar por todas as salas de Madrid e pronto polo resto de salas españolas con xiras auto-producidas das de durmir en furgoneta, sempre coa necesidade insaciable de crecer como banda e de expresarse.
Tras o lanzamento de "Volvamos a la Selva", o seu segundo longo, lanzado co seu propio selo discográfico (Vagabundos Records) e cunha traxectoria duns 300 concertos ás súas costas, destacando o seu paso polos grandes festivais españois (Dcode Festival, Arenal Sound...), o seu peche da praza do Trigo na pasada edición do Sonorama Ribeira (2014) ou a súa xira por México (Festival Marvin), podemos dicir que se están gañando con suor o respecto de público, medios e industria.