Evento: Hellsingland Underground

Hellsingland Underground
mércores, 26 xaneiro, 2022 - 21:00
Sala Mardi Gras,
A Coruña

Hellsingland Underground

Concerto de psicodelia e rock.

Hellsingland Underground comezaron a súa andaina actuando nos bosques da rexión de Hälsingland que lles dá nome, no seu Suecia natal, nun festival ilegal no verán de 2006. As primeiras críticas celebraron as cancións da banda, as súas letras reveladoras, as súas harmonías e o puro e simple pracer de tocar a súa música.

A alma do grupo, o cantante Charlie Granberg compón estas cancións sentado no soportal da súa pequena casa nas beiras do rio Ljusnan, en Ljusdal, Hälsingland. A escena podería resultar un cliché en comparación co sur americano do que Hellsingland Underground tomaron prestadas tantas influencias nas súas dous primeiros discos, pero é pura autenticidade en metade do frío nórdico. De aí a etiqueta que acompañou á banda; northern rock, é dicir, rock sureño facturado nas terras viquingas do norte de Europa.

  • Hellsingland Underground - Strangelands (Official Music Video)

Máis eventos de tipo Concerto

As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Irmaus da Raia Seca
27 de xuño
Pista Polideportiva de San Xiao
MU2
27 de xuño
Pistas do Rabazal
Eiii Carballeira!!
1 de xullo
Paseo do Carboeiro