Evento: La Cabra Mecánica
La Cabra Mecánica
En 2022 e 2023, La Cabra Mecánica celebrou os 25 anos da publicación do seu primeiro disco cunha xira de aniversario. O que naceu como un reencontro puntual se convertiu nunha celebración desbordante que confirmou o que moitos intuían: La Cabra Mecánica non é só un grupo, é parte da historia musical deste país. A resposta do público foi tan apabullante que a banda, liderada polo carismático Lichis, decidiu prolongar a xira durante 2025. Cunha xira de aniversario que esgotou entradas en tres das principais prazas do país (Valencia, Barcelona e Madrid), La Cabra Mecanica atópanse en medio dunha auténtica celebración interxeracional, sendo unha das bandas máis queridas do rock español.
Ao longo da súa traxectoria, La Cabra Mecánica firmou algúns dos discos máis singulares e celebrados do pop español: “Cuando me suenan las tripas”, “Cabrón”, “Vestidos de domingo” e “Hotel Lichis”. Este 2025 marca un novo capítulo na súa historia co lanzamento de “Canciones y maquetas (1993–1997)”. En paralelo, La Cabra Mecánica é tamén protagonista do documental “Antihéroe”, dirixido por Marc de la Varga e estreado dentro da Sección Oficial Nacional do Festival In-Edit (Barcelona). O film acompaña o regreso de Lichis aos escenarios e ofrece unha mirada íntima e desarmante sobre a súa búsqueda persoal, a integridade artística e a necesidade de reconciliarse co seu propio mito. Moi pronto, máis noticias
Máis eventos de tipo Concerto



