Evento: Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia
martes, 4 xaneiro, 2022 - 19:00
Teatro Colón,
A Coruña

Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia

Concerto de música clásica.

Formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, a Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica. Baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo, a Orquestra Infantil ofreceu o seu primeiro concerto público na Coruña en abril de 2011.

Na presente tempada de concertos, a agrupación musical infantil dependente do proxecto educativo da OSG e da súa Orquestra Nova volveuse a presentar en concerto cun ambicioso programa con obras de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Gustav Holst xunto con Georg Bohm e Sheila Nelson, que se incorporan así a un repertorio que xa inclúe música de Henry Purcell e Georg Friedrich Haendel.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante
Chuches Amil 
18 de xuño
CPI de Rodeiro