Evento: Escritura Romana

Escritura Romana
xoves, 23 decembro, 2021 - 16:30
Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña,
A Coruña

Escritura Romana

Obradoiro de escritura.

Como escribían os antigos romanos? Ven a descubrilo neste obradoiro de Gallaecia Viva no que os participantes coñecerán, a través de reproducións, os diversos sistemas de escritura da antiga Roma.

Taboíñas de cera, anacos de cerámica e papiros. Tamén poderán escribir os seus nomes e frases célebres romanas en auténtico papiro de Exipto cun cálamo (cana) e tinta, usando a letra romana chamada capitalis rustica. E poderán levar a casa os seus traballos!

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Luminarias
29 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Xogando coas Letras
30 de maio
Biblioteca Pública de Ourense
A miña maleta de vacacións
5 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola