Evento: Eva B

Eva B
venres, 25 marzo, 2022 - 20:30
Sala Inn Club,
A Coruña

Eva B

Concerto da cantante e compositora galega.

Eva Barreiro , cantante e compositora galega. Estudou Arte Dramática en Vigo porque quería ser actriz. Pero foi a influencia do seu pai, o que fixo que a música se convertese na súa paixón. Segundo di ela mesma: Podo pasar horas sen durmir pero non sen cantar. En 2019 presentouse ao casting de Operación Triunfo converténdose na terceira finalista do programa, onde demostrou o seu gran talento cantando e compoñendo, cunha voz e estilo propio.

As súas referencias musicais son as cancións de Mickel Jackson, Marvin Gaye, Massive Attack, Stevie Wonder.

Eva b, sacou o seu primeiro single en maio de 2020, «Dumb». Unha canción composta pola propia artista, cuxas raíces beben do Folk pero que ten unha estrutura bastante especial, xa que se cantan os seus versos, pero non o retrouso. Unha vez fóra da academia de Operación Triunfo, Eva lanzou «América», da man de Warner Music Spain.  Un tema fresco e rotundo no que explora o POP e a electrónica, presentando a súa candidatura ás grandes ligas da música en castelán.

O seu último traballo é «Frio e calor» unha canción composta pola propia artista que presenta xunto co vídeo clip o 27 de xaneiro en todas as plataformas dixitais.

  • Eva B - Lágrima de vino (Lyric Video Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Taibo
8 de maio
Rúa Nova, 22
Mondra
9 de maio a 10 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Resis Festival 2025
10 de maio
Museo de Belas Artes