Evento: Magaluf Ghost Town

Magaluf Ghost Town
venres, 3 decembro, 2021 - 17:30
Numax,
Santiago de Compostela

Magaluf Ghost Town

Proxección do documental de Miguel Ángel Blanca.

Cousas estrañas están ocorrendo en Magaluf: olor a mexos e sangue, coches de policía e ambulancias atravesan as rúas sen que ninguén lles dea importancia, berros en medio da noite... Magaluf só é unha pequena e tranquila localidade da illa de Mallorca que moitos se aventuraron a chamar a Twin Peaks balear. Os seus cidadáns debátense entre o malditismo cotiá e o xenuíno pracer vacacional, un lugar que se transformou no paradigma europeo do turismo low cost baseado no entretemento nocturno desenfreado. Un millón de turistas invaden as rúas de Magaluf no verán, como se foran espectros que transforman o espazo público nun parque temático onde case todo está permitido. Mentres, os habitantes de Magaluf tratan de convivir coas contradicións dese modelo turístico que se sente como unha invasión pero que tamén xera millóns de euros no sector da restauración, postos de traballo e oportunidades para moitas persoas que non poderían sobrevivir en ningún outro lugar sen as características de Magaluf. Magaluf Ghost Town é un retrato coral dunha comunidade durante o fóra de tempada e a tempada alta, desde un ton de misterio, próximo ao thriller pero sen perder de vista a comedia costumista, mesturando documental e ficción. Trátase dunha historia de alcance internacional sobre os soños dunha localidade que só intenta sobrevivir nun contexto turistificado, e tamén unha reflexión sobre o que significa ser turista en Europa.

  • Magaluf Ghost Town