Evento: Al natural

Al natural
xoves, 25 febreiro, 2021 a venres, 31 decembro, 2021
Playa de Cesantes,
Redondela

Al natural

Exposición de Alba Casanova.

Al natural é unha exposición de Alba Casanova con varias obras da artista redondelana sobre un soporte moi orixinal: Os antigos contedores da limpeza de praias dedicados á recollida de algas, restaurados para a ocasión.

O traballo da artista vira en torno á contorna no que se sitúan os soportes: mesturando a Illa de San Simón coa tradición literaria e marítima, mesturando motivos acuáticos con imaxes reivindicativas (feministas, en apoio ao colectivo LGTBI) propias da obra de Alba Casanova.

As obras foron situadas na Praia de Cesantes coa idea de convertela nun museo vivente que anime ás persoas que se acheguen á praia para gozar da contorna e a descubrir unha artista do municipio.

Nos tres contedores o/a visitante atoparase cun código QR que poderá escanear para poder consultar na páxina web do Concello o Rexistro de Artistas de Redondela. Atoparase tamén con información sobre a artista.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Monxa Millo Sentinela
19 de xuño
Salón Teatro
Danza 3 | Xacarandaina
4 de xullo
Campo da festa
Os Rizos de Lía
4 de xullo
Espazo Lorenzo Varela
Peque Disco Moc Moc
4 de xullo
Campo de San Francisco