Evento: Zetak

Zetak
sábado, 27 novembro, 2021 - 22:00
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Zetak

Concerto de música electrónica.

Zetak chega ao seu concerto de Vigo  para presentar un proxecto de música electrónica en eúscaro que nace da man de Pello Reparaz.

O cantante navarro, tras 10 exitosos anos coa banda de ska Vendetta, o seu anterior proxecto, decide deixar o grupo e crear un novo combo, cambiando radicalmente de rexistro cun proxecto de música electrónica.

Zetak foi galardoado co premio á Mellor Banda, Mellor Directo e Mellor Tema/Vídeo realizado durante o confinamento (pola canción ?Zeinen Ederra Izango Dean) nos Gaztea Sariak 2020 que organiza Gaztea Irratia (EiTB).

A banda vasca Zetak navega sobre estilos menos convencionais como a electrónica, presentando un carácter e un prisma máis internacional, e teñen moi presente que o eúscaro é algo que os diferenza doutros proxectos e iso ábrelles moitas portas.

  • Hitzeman - ZETAK & OQUES GRASSES

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante
Chuches Amil 
18 de xuño
CPI de Rodeiro