Evento: Novas vellas melodías con Pablo Díaz

Novas vellas melodías con Pablo Díaz
sábado, 4 decembro, 2021 - 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Novas vellas melodías con Pablo Díaz

Pablo Díaz e o guitarrista Rubén Barros

 

Concerto de 50 minutos no que Pablo Diaz e mais o guitarrista Rubén Barros farán un percorrido polas cancións máis populares dos seis traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos “O reloxo de Alberte”, “O moucho chosco”, etc. Asimesmo, Pablo e Rubén incorporarán temás inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Máis eventos de tipo Concerto

    O rianxeiro
    8 de xullo
    Auditorio Municipal
    Concerto
    9 de xullo
    San Miguel
    Catas sonoras
    10 de xullo
    Museo do Viño de Galicia