Evento: Ainoa Buitrago

Ainoa Buitrago
venres, 11 febreiro, 2022 - 21:30
La Fábrica de Chocolate,
Vigo

Ainoa Buitrago

Concerto da cantante madrileña.

Ainoa Buitrago é unha moza cantante e compositora madrileña que desde temperá idade interésase polo mundo da música e empeza a tocar a guitarra. Con 14 anos é cando dá un paso máis e comeza a compoñer as súas propias letras, e non é ata un ano máis tarde que dá o seu primeiro concerto nunha pequena sala.

Cinco anos máis tarde a artista madrileña está a facer o seu soño realidade gravando o seu primeiro disco de estudo, que sairá á luz este mesmo ano. A súa versatilidade artística e compositiva, con influencias de R&B, o indie, a música urbana e a música de autor, é o que fan posible o éxito desta artista, e fana única.

Imos facer un repaso polas súas composicións, desde os comezos na súa canle de Youtube, ata as últimas colaboracións con outros artistas.

  • Ainoa Buitrago - Dispárame (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril
Auditorio Municipal de Goián
Plural Ensemble · Nieve sobre nieve
13 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Los auténticos decadentes
14 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5