Evento: Concerto de Marcelo Dobode

Concerto de Marcelo Dobode
domingo, 5 decembro, 2021 - 14:00
A Arca da Noe,
Vilar de Santos

Concerto de Marcelo Dobode

Como un vórtice de inflexión, así nace Turoqua, o primeiro proxecto en solitario de Marcelo Dobode, traspasando as fronteiras da tradición para elevar novas melodías á vangarda da música, onde as etiquetas, non teñen cabida.
O concepto de Turoqua, sorprende, impacta, pero ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora na calma poética dos retrousos da creación colectiva e nos compostos polo propio Marcelo.

Para esta primeira aventura rodease dos máis salientables músicos da nova escena galega Adrián Saavedra (arranxista e productor, teclados), Felix Rodríguez (percusión) Ramon Orencio (Mon)(guitarras), Xacobo Prieto (baixo)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Elexía para Brahms
6 de novembro
Avenida do Burgo das Nacións
Vega
6 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
LA LOM
7 de novembro
Rúa de Concepción Arenal, 5