Evento: Battosai en concerto
Battosai en concerto
Battosai somos Héctor, Nolo e Roque, tres millennials aos que lles gustaria ter pertencido á Xeración X. Asi, cansados de vivir neste mundo en Alta Definición compramos un Delorean na Deep web co obxetivo de viaxar no tempo para traer do pasado a música da nosa infancia.
Mediante composicións propias plasmamos o sonido de bandas de rock dos 90 como son Smashing Pumpkins, Nirvana ou Soundgarden, pero cun prisma máis actual. Unha boa dose de muros de guitarras e de melodias desgarradoras, á vez que pegadizas, que crean o ambiente perfecto para letras de carácter existencial.
Temos 2 singles editados ata hoxe 'Cuánto Tiempo' (2019) e '12:21' (2020).
Fomos gañadores do último certame do Xuventude Crea 2020 e neste ano 2021 sacaremos o noso primeiro disco gravado nos estudios Ultramarinos Costa Brava da man de Santi García, un dos productores de máis prestixio da escena underground da peninsula.
Máis eventos de tipo Concerto