Evento: Remember Queen World Tour 2022

Remember Queen World Tour 2022
venres, 4 marzo, 2022 - 20:30
Palacio da Ópera,
A Coruña

Remember Queen World Tour 2022

Concerto homenaxe a Queen.

Comeza unha nova tempada do espectáculo Remember Queen, o espectáculo homenaxe a Queen que triunfa desde o ano 2005 nos mellores escenarios de toda Europa. Os artistas de Remember Queen coidan o máis mínimo detalle do espectáculo orixinal cunha posta en escena similar á que utilizaban na xira do 86, sendo a última xira de Queen con Freddie Mercury en escena.

Recoñecidos temas como We are the Champions ou Bohemian Rapsody interpretaranse nun espectáculo de éxito internacional visto por máis de cincocentas mil persoas. Estará protagonizado polo mellor dobre do mundo de Freddie Mercury, o italiano Piero Venery, que ofrece unha impecable caracterización do artista.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante
Chuches Amil 
18 de xuño
CPI de Rodeiro