Evento: Almas de Cántaro

Almas de Cántaro
mércores, 6 outubro, 2021 - 22:30
Garufa Club,
A Coruña

Almas de Cántaro

Concerto da banda coruñesa.

Unha mestura perfecta de humor e música. Monologistas e músicos en directo soben ao escenario coma se fose a última vez. 

Di Oswaldo Digón:

"Esta frase lina nun post do meu compañeiro Denny Horror e paréceme unha sentenza totalmente certa.

As miñas circunstancias son evidentes: teño oído pero non teño voz. É máis, a miña voz é pésima, pero como di o gran Lou Reed non é necesario cantar ben para ser cantante de rock e se o di Lou eu apúntome. Así que con todo a miña cara chamei ao meu amigo Gari e propúxenlle montar un grupo de rock. Tivemos a enorme sorte de que músicos e amigos cun talento incalculable uníronse á nosa idea. E así naceu ALMAS DE CÁNTARO."

Oswaldo Digón (voz), Gari (voz), Miguel Queixas (batería), Juan Tinaquero (baixo), Luís Tinaquero (guitarra)

Todos eles tocan, xuntos ou por separado, en grupos de prestixio: Os Brothers in Band, Miki Nervio e os BluesMakers, Hot Chocolates? Cando as nosas axendas permítennolo xuntámonos para ser ALMAS DE CÁNTARO. Grazas por deixarme cumprir un soño."

  • Almas de cantaro - Sala Garufa

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5