Evento: Día da Ilustración - As mil caras da ilustración

  • AGPI
Día da Ilustración - As mil caras da ilustración
venres, 30 xaneiro, 2015 - 19:00
Biblioteca Pública Miguel González Garcés,
A Coruña

Día da Ilustración - As mil caras da ilustración

Faladoiro sobre novos campos e soportes para o traballo ilustrado

O libro ilustrado infantil é só unha mínima parte do traballo dos ilustradores: cartelismo, formatos dixitais, audiovisual e libro ilustrado para público adulto son algunhas das moitas posibilidades que gañan máis e máis importancia nos nosos días.

Charla con proxección de exemplos, a cargo dos ilustradores Marina Seoane, Alberto Guitián e Miguel Ruiz Sekone. Irá precedida da presentación ao público do libro Caderno AGPI 2015.

Este faladoiro enmárcase dentro dos actos conmemorativos do Día da ilustración, que se celebra o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento do intelectual e tamén talentoso debuxante Daniel Rodríguez Castelao.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Xornada sobre vitivinicultura galega
V Xornadas "Falemos do futuro da vitivinicultura galega"
16 de novembro
Museo do Viño de Galicia
Presentación do libro: El silencio del Alma
17 de novembro
Biblioteca Pública de Ourense
Conferencias sobre a figura de Valle Inclán no Museo de Belas Artes da Coruña
Ramón del Valle-Inclán. Xenial, antigo, moderno
29 de outubro a 10 de decembro
Museo de Belas Artes