Evento: Fernando Buide

Fernando Buide
martes, 31 agosto, 2021 - 20:30
Igrexa de San Paio de Antealtares,
Santiago de Compostela

Fernando Buide

Concerto de música clásica.

O compostelán Fernando Buide é un dos máis recoñecidos, laureados e programados músicos do panorama compositivo actual. Ademais de compositor e pianista, Fernando é tamén organista e desempeñou o posto de organista titular da igrexa presbiteriana de Fo - rest Hills en Pittsburgh durante os seus estu - dos universitarios. Doutor pola Universidade de Yale, estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh e a súa música ten sido programada polas principais orquestras españolas e por importantes orquestras do resto do mundo.

Buide fai a súa presentación dentro do ciclo De Lugares e Órganos cun repertorio que explora as frutíferas relacións que, particu - larmente no esplendor do Barroco, se tece - ron entre o mundo organístico romano e o repertorio ibérico. O percorrido sonoro do concerto esténdese tamén a creacións ac - tuais, que exploran o peculiar universo sono - ro do órgano barroco ibérico, o cal ten, no órgano de San Paio, un dos seus máis fasci - nantes expoñentes. Durante o concerto, a xeito de interludio, faremos unha breve pausa na música para dar paso á conversa con esta interesante figura do panorama compositivo e musical galego e coñecer máis de preto a súa música, a súa persoa e os seus proxectos.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Variacións da historia
4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Andrés Suárez
4 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5