Evento: Vintage Duo: Ángeles Dorrio & Carmen Rey
Vintage Duo: Ángeles Dorrio & Carmen Rey
Carmen Rey é unha cantante de jazz galega, que na actualidade ten unha banda propia coa que interpreta temas de jazz, soul, R&B ou funk. Tras sacar Fóra no ano 2004 e Meu no 2009, agora estrea o seu terceiro álbum: Maña.
Ángeles Dorrio é unha cantantante e compositora coruñesa, vocalista da banda de funk VenueConnection, compoñente de Gospel 3, e co-directora do coro Sisters In The House xunto a Carmen Rey.
Mostra da súa extensa carreira profesional no mundo da música, como cantante pero tamén como profesora vocal, son as súas colaboracións para traballos discográficos de artistas como Carmen Rey, MC Rimas, Luar na Lubre... Estudou técnica de voz con Helen Rowson e Paul Harrington, ademais de harmonía, improvisación e canto moderno na Escola-Estudo de Santiago de Compostela. Completou a súa formación na Guildhall School of Music and Drama de Londres.
Voz feminina de VenueConnection, percorreu coa banda as principais salas de concertos da xeografía española, ademais de aparecer en TVE en "Os Concertos de Radio 3". Tamén forma parte de Gospel 3, do cuarteto vocal Ejazz e é coordinadora do coro feminino Sisters In The House. Exerceu como profesora de canto moderno desde 2003 a 2009, e conta cunha sección radiofónica semanal xunto ao xornalista Pablo Portabales en Radio Voz Coruña.
Máis eventos de tipo Concerto