Evento: MClan

MClan
sábado, 24 xullo, 2021 - 19:30
Auditorio do Parque do Pasatempo,
Betanzos

MClan

Concerto de rock&roll.

MClan presentan os temas do seu último disco, "Delta", editado en setembro de 2020. O álbum foi gravado integramente en Nashville (EE.UU.) cunha instrumentación máis acústica e sons de folk americano e rock con raíces.

M Clan nace en 1993 cando tras coñecerse, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, quen tocaba en varias bandas da escena murciana, deciden crear o seu propio grupo. Así se forma o quinteto murciano que completan Pascual Saura ao baixo, Juan Antonio Otero á batería, Iñigo Uribe aos teclados, Ricarco Ruipérez á guitarra e Carlos Tarque á voz. M Clan aposta desde o principio polo rock sureño e por sons cunha clara influencia de nomes como The Black Crowes ou Led Zeppelin, referentes do southern rock dos anos 70 cuxa máxima efervescencia exprésase no directo.

  • M Clan - La Esperanza (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35