Evento: Ollo do bosco
Ollo do bosco
Ollo do bosco
Obradoiros de danza, literatura e interpretación.
Actividade do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 destinada á creación de públicos culturais infantoxuvenís e femininos na comunidade rural do Xeoparque UNESCO das Montañas do Courel. Baséase no patrimonio literario da zona e favorece a conciliación familiar e laboral, así como as alternativas de ocio e coidado das nais, nenos e familia da montaña, os emigrados de vacacións ou retornados ou os turistas desta zona.
Inscrición previa en kireniacma@gmail.com
Xullo/Agosto 2021
Mulleres: martes de 19:00 a 20:30 horas.
Nenas e nenos: mércores e xoves de 11:00 a 14:00 horas.
Descargas