Evento: #PrimaveraXove: Encontro e networking sobre medio ambiente e sustentabilidade

#PrimaveraXove: Encontro e networking sobre medio ambiente e sustentabilidade
mércores, 16 xuño, 2021 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

#PrimaveraXove: Encontro e networking sobre medio ambiente e sustentabilidade

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a realización dos encontros #PrimaveraXove

Os encontros #Primavera Xove da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia buscan ofrecer novos espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno, favorecendo a convivencia e o networking.

O segundo ciclo en Santiago de Compostela destes encontros, comezará o vindeiro mércores 16 de xuño, ás 18:30 horas no salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal, cunha mesa redonda sobre Medio ambiente e sustentabilidade, a cargo de expertos ponentes, seguida dun espazo para a participación das persoas asistentes:

  • Rodrigo L. Piquín, director de proxectos de Comparte Márketing Social (moderador). Preocupado por todos/as e todo o que lle rodea. Actualmente continúa co seu esforzo activista dentro das redes de mozos/as do Programa MaB da UNESCO coordinando a rede en España e colaborando coa Rede IberoMAb.
  • Oscar Torres, director de márketing e comunicación de Orballo, empresa que cultiva e desenvolve produtos responsables coa terra e cos seus habitantes (100% ecolóxicos, sustentables e de máxima calidade).
  • Ana Pan, creadora de Panadería Designs. Pontevedresa amante do mar e do deseño concienciada co medio ambiente. Creadora da marca de bañadores sustentables Panadería Design.
  • Paulo Vázquez, responsable de proxectos da organización de voluntariado e medio ambiente Sustinea, unha asociación non lucrativa que fixa a sustentabilidade como alternativa á degradación do entorno natural e como saída ás necesidades sociais, abordando os retos globais dende o local.

Podedes ampliar información sobre o programa e formalizar a vosa inscrición no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove/encontros

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal