Evento: O Son do Camiño: Raphael

O Son do Camiño: Raphael
domingo, 1 agosto, 2021 - 20:00
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

O Son do Camiño: Raphael

Concerto do artista español.

Na primeira etapa da súa carreira, Raphael participa dous anos consecutivos no Festival de Eurovisión, protagoniza varias películas dirixidas por Mario Camus, Vicente Escrivá, Javier Aguirre ou Antonio Isasi, obtén na radio un gran éxito coa súa serie de programas El Raphael Show para a cadea SER, e en Televisión Española coa serie El Mundo de Raphael.

Das súas continuas e innumerables xiras por España destacan o seu primeiro concerto no Teatro da Zarzuela de Madrid, as longas tempadas no Palacio da Música ou no Teatro Monumental, os recitais no Palau da Música de Barcelona, o Teatro Falla e o Auditorio José María Pemán de Cádiz, o Villamarta de Xerez, o Romea de Murcia, o San Fernando de Sevilla, o Palau da Música de Valencia, o Teatro Gayarre de Pamplona, o Vitoria Eugenia de San Sebastián, o Arriaga de Bilbao, o Campoamor de Oviedo, o Jovellanos de Xixón, o Teatro Real de Madrid. Cabe tamén destacar o seu inesquecible concerto no Estadio Santiago Bernabeu con motivo do seu XXV aniversario artístico.

  • Raphael, Manuel Carrasco - Me Olvidé De Vivir

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante
Chuches Amil 
18 de xuño
CPI de Rodeiro