Evento: Arrolos con Mamá Cabra

Arrolos con Mamá Cabra
venres, 30 setembro, 2022 - 12:00
Casa da Cultura Ramón Martínez López,
Boiro

Arrolos con Mamá Cabra

Espectáculo de música infantil.

Mamá Cabra é o grupo de música infantil pioneiro na produción de espectáculos musicais pensados para o público infantil. A súa historia remóntase ao ano 2000, e partiu primeiramente de facer cancións para as clases de Educación musical de Gloria Mosquera, principal fundadora do grupo. A primeira canción naceu na biblioteca do colexio no que estaba Gloria, despois de ler o poema do “Timoteo” de Gloria Sánchez que está no libro “Rimas con letra”. O seu primeiro disco é Cantos Rodados, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández e Gloria Sánchez.  Moi pouco tempo despois acaban subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical. Na actualidade contan xa con un puñado de libros e discos editados cos editorial Galaxia, entre outros:  Ola, Ola, la, Cartas que veñen e van, Estación Nadal, A bruxa Discordia, Eu cociño, ti cociñas? E máis recentemente A fraga do meu avó, Un libro sobre o amor pola natureza e polos animais do que resulta o seu último espectáculo.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
27 de setembro
Auditorio Municipal Hernán Naval
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal