Evento: Anna Sarkisova

Anna Sarkisova
venres, 28 maio, 2021 - 20:30
Auditorio de Rianxo,
Rianxo

Anna Sarkisova

Concerto da pianista.

A pianista Anna Sarkisova goza dun recoñecido prestixio a nivel internacional pola súa capacidade para conectarse emocionalmente e desde o primeiro instante co público, mentres amosa una técnica virtuosa e unha alta musicalidade. Ten actuado en numerosos escenarios das principais capitais culturais do mundo, recibindo o recoñecemento do público pola pureza de tono, poderosa capacidade técnica e profunda interpretación musical. Anna Sarkisova acadou diversos premios e foi finalista de varios Concursos Internacionais de Piano en Italia, Austria, Alemania, España e Estados Unidos.

A súa variada formación e traxectoria musical en Armenia, Viena e Estados Unidos, dalle unha ampla perspectiva musical, que se fai evidente nos seus concertos e a través das súas interpretacións musicais.  Doctorada en Artes Musicais pola Escola de Música Thornton - Universidade do Sur de California (USC), na actualidade Anna está traballando no seu novo álbume que incluirá pezas de compositores de Europa Occidental e Armenia.

Anna reside habitualmente en Los Ángeles (California) mais atópase pasando unha tempada en Galicia onde ten previsto a realización de varios concertos (Paraninfo da USC, Auditorio de Vilagarcía, Ponteareas, Redondela, ... e Rianxo) . O Programa inclúe a interpretación de pezas de Liszt, Rachmaninoff, Babajanyan e Solar.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Playlist RFG
25 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións