Evento: Diana Tarin

Diana Tarin
domingo, 13 xuño, 2021 - 18:00
SalaSon,
Cangas

Diana Tarin

Concerto de música cubana.

Diana Tarín resume na súa propia persoa a riqueza da cultura musical da súa Cuba natal.

Afrocubana, cantante e pianista. Filla e neta de músicos de renome na súa illa, con tan só 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femininas que viaxaron a diferentes países, principalmente en Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.

Chegada a España como membro dun grupo de música tradicional, quedouse entre nós, se graduó como pianista en Vigo, á vez que colaborou en diferentes gravacións musicais, varias delas de ámbito internacional, actualmente é profesora de música na escola Rock School Music CDM de Ponteareas.

Os seus músicos cualifícana de creativa, e incansable, pódena atopar xunto á súa banda en actividades benéficas, Auditórium, Festivais de Jazz, Salas de Concertos, importantes actividades sociais e recoñecidos centros nocturnos e de lecer. Artista versátil, o seu universo musical é longo e funciona ben coa familiaridade da tradición cubana, o jazz, pasando polo bossa nova, funky, soul , o bolero e a canción.

  • Mestizo de Diana Tarín

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
27 de xuño
Exterior piscina municipal
Xira 25 aniversario
27 de xuño
Auditorio Constante Liste
Back To Glory Days
27 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Conto-concerto
28 de xuño
Praza García Barbón