Evento: As festas do lume: San Xoán e outros rituais

As festas do lume: San Xoán e outros rituais
mércores, 23 xuño, 2021 - 17:30
Museo Liste Vigo,
Vigo

As festas do lume: San Xoán e outros rituais

Obradoiro para dar a coñecer as celebracións que xiran aredor do lume.

O lume, un dos catro elementos da natureza , foi dende sempre protagonista de diversas celebracións nas que simboliza o seu poder purificador. Como exemplo sempre se citan ás fogueiras de San Xoan pero a súa presenza é habitual en
moitas outras celebracións en todos os lugares do mundo: as fogueiras de San Pedro, as fallas de Valencia, a noite de Guy Fawkes en Gran Bretaña, etc.

Está é unha das actividades cíclicas que está a propor o Museo Liste-Etnográfico de Vigo. A través dela, pretende dar a coñecer as celebracións que xiran a redor do lume, facendo un especial chamado sobre a festa de San Xoán, as súas orixes, sincretismo e ritualiade.

A actividade constará de:

Parte teórica: introdución a esta celebración a través dun audiovisual.

Parte práctica: recoñecemento de plantas e outros elementos propios da festa.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de Zentangle
30 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Mulleres, ritmo e tradición
30 de maio
Biblioteca Municipal
Mulleres, ritmo e tradición
31 de maio
Salón da Cooperativa