Evento: Fanzine Fest 2021
Fanzine Fest 2021
A sétima edición do festival de música electrónica de vangarda de referencia no noroeste peninsular xa conta con data de celebración. Fanzine Fest regresará aos escenarios coruñeses o próximo mes de novembro cunha proposta renovada tanto en formato como en duración para ofrecer unha experiencia sensorial única que aúne a figuras destacadas da música electrónica e as artes visuais.
O festival, promovido por Fanzine Project, reforzará o seu compromiso coa consolidación dun ecosistema de vangarda único e ofrecerá o próximo inverno unha ampla programación de sete xornadas de música en directo, proxeccións audiovisuais e talleres para todos os públicos na Coruña. Así, desde o día 29 de novembro e ata o domingo 5 de decembro do 2021, Fanzine Fest apostará por expandir a cultura de vangarda por toda a cidade coa presenza de artistas locais e internacionais en espazos intimamente ligados á cultura científica ou contemporánea, ademais de charlas e formacións abertas tanto para público adulto como infantil, e a posibilidade de descubrir a gastronomía e alimentación de proximidade.
Os impulsores de Fanzine Fest, Pablo Cubeiro e Roi Grobas, avanzan que esta ampliación da programación ?é unha resposta natural? ao crecemento exponencial e sostido que o festival ?foi desenvolvendo ao longo destes anos?. Dende a primeira edición ofrecemos unha proposta de calidade e coidamos, tanto nas formas como no contido, accesible e vinculada ao territorio. O ano pasado, no medio dun contexto extraordinario como é unha pandemia mundial, fomos capaces de sintetizar no cartel do festival o máis interesante da escena galega e estatal e, mesmo, de lanzar unha nova liña de programación para estreitar os vínculos da electrónica e o audiovisual?, lembran os organizadores, en referencia á presentación de Monochrome AV/AV, de Óscar Mulero, ou a creación da xornada FPS-BMP, con estreas de pezas audiovisuais, na edición de 2020. Precisamente esta mesma semana Fanzine Fest publicou nas súas redes sociais o aftermovie da pasada edición, un vídeo que recolle o desenvolvemento do festival en CGAI, Domus e Teatro Colón, ademais das declaracións de público e artistas participantes.
Máis eventos de tipo Festival