Evento: Xurxo Souto

Xurxo Souto
sábado, 24 abril, 2021 - 20:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

Xurxo Souto

Concerto do músico e escritor.

No 2020 resumiu nun libro estes trinta anos de escenario e ruta: PANGALAICA. Argumento principal do que esta tarde vos quere contar…

Músico e escritor. En 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas  "A Tropa da Tralla" ( Radio Coruña) ou "Aberto por Reformas" ( Radio Galega).

Escribiu varios libros de relatos e dúas novelas. Foi director da película documental "Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo". Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e agora forma parte da Banda Xangai.

Máis eventos de tipo Concerto