Evento: 10 anos, 10 autores, 10 libros: María Solar
10 anos, 10 autores, 10 libros: María Solar
A Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega, dentro da súa programación especial polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia.
O obxectivo non será que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcarana súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura.
O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia é o escenario para poder coñecer as influencias literarias dalgúns dos nosos autores/as máis lidas actualmente. Nesta experiencia están acompañados por persoas relevantes da nosa cultura coas que artellarán unha conversa seguro que única e sorprendente.
María Solar (Santiago de Compostela, 1970) formouse como profesora, bióloga e xornalista, pero é a esta última faceta á que dedica a súa vida profesional, sendo hoxe a presentadora dun importante magazine informativo e cultural na Televisión de Galicia. Nesta canle televisiva e na Radio Galega ha desenvolto un intenso labor como presentadora en variedade de programas de todos os xéneros. O seu compromiso coa defensa da Ecoloxía e o Medio Ambiente fixo que iniciase a súa carreira autorial con volumes ben de ensaio divulgativo sobre estas cuestiones ―Ecoloxía na aula (1997) e O libro do noso mar (1999)― ben de ficción pedagóxica sobre as mesmas ―Boa sorte (2008) e O tempo do revés (2008).
O camiño da ficción infantojuvenil continuou para Solar coa aparición do fillo do Pintamonas (2009), ao que seguiron Vou ter un irmán (2011) ―Premio Frey Martín Sarmiento―, As bruxas da raíña Lupa (2012) e A verdadeira historia da mosca da tele (2012) ―tamén Premio Frey Martín Sarmiento. En datas recentes publicou O meu pesadelo favorito (2015) e Teño uns pés perfectos (2015). Polo primeiro, que foi traducido a varios idiomas, recibiu o Premio Lazarillo de Creación Literaria e foi seleccionado para formar parte da prestixiosa lista internacional White Ravens. Do segundo existe tamén tradución ao español e está a recibir inmellorables críticas e unha acollida excelente por parte do público. Leste mesmo ano publicará a súa primeira novela para adultos, As horas roubadas, que se lanzará conxuntamente en galego e español. A narrativa de Solar desborda imaxinación, que se alía cunha fabulosa capacidade para o humor e unha demostrada sensibilidade para o tratamento dos máis diversos temas. Posuidora dunha prosa moi depurada, as súas obras fascinan ao lectorado, introducíndoo en mundos cativadores repletos de sorpresas e aventuras.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso