Evento: Memorias Dunha Rapasa da Costa

Memorias Dunha Rapasa da Costa
venres, 25 novembro, 2022 - 20:30
Casa da Cultura,
Fene

Memorias Dunha Rapasa da Costa

Monólogo a cargo da presentadora Marta Dorivo.

Marta Doviro presentará o Domingo 18 de Abril o seu monólogo Memorias dunha Rapada da Costa no Urban Market Mahou Music & Drinks de Vigo.

Marta Doviro é unha coñecida actriz e presentadora galega. Traballo como presentadora da mochila do viaxeiro en V Televisión. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben curiosos en 2015, Máis galego nos veráns de 2014 e 2015 e Unha viaxe para contar no ano 2018. A finais dese mesmo ano, comezou a gravar a segunda tempada do programa Malo será, que se emitiu ao longo de 2019 na TVG, no que exerceu de presentadora, e ocasionalmente tamén participou actuando nalgún sketch, sendo a súa primeira incursión no mundo do humor.

Ademais presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da TVG e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015.

No ámbito da interpretación participou como Doutora Galiña na serie de televisión Luci en 2014, e deu vida a Olalla en sériea Pazo de Familia desde a súa incorporación de 2015 a 2017, na 3ª tempada e durante dúas máis, ata a penúltima da serie. Tamén en 2017 rodou a curtametraxe O jazz dos proscritos, de Manuel Gil Castro.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal