Evento: Pelepau: Na Beira

Pelepau: Na Beira
venres, 23 setembro, 2022 - 20:00
Carballeira de Santa Marina,
Brión

Pelepau: Na Beira

Concerto de 11 percusionistas de música tradicional galega.

Pelepau nace na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 11 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. É un conxunto musical, orixinal do suroeste de Galiza, que ten como obxetivo adaptar as cantigas tradicionais e populares desta terra con voces e percusións varias. A súa proposta intenta transmitir e conservar a cultura galega mediante un espectáculo interactivo, cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público, sendo ao mesmo tempo, un espectáculo versátil e diverso, xa que pode ofrecer tanto actuacións de escenario, pasarúas como obradoiros de percusión.

Os instrumentos de percusión empregados por Pelepau nos seus concertos son, na súa gran maioría, tradicionais galegos, destacando os que antano eran utensilios da vida cotián como as culleres, tixolas, botellas de anís, morteros, etc, para deste xeito, recuperar e potenciar a riqueza da instrumentación galega.

Tras o éxito do seu primeiro traballo, "Fío e Agulla", chegan cinco anos despois con "Na Beira", nacido do paralelismo entre a diferenza de culturas coa que convivimos e o mesmo mar que nos viu crecer e nos mantivo sempre nun espírito libre, nace "Na Beira". Plasmando a diversidade das augas coma se de innumerables influencias se tratasen, das que sen querer se apegaron á nosa linguaxe musical e, como tal, aos nosos temas. 

  • Pelepau: Na Beira

Máis eventos de tipo Concerto

Festival Go!Go!Zo!
10 de xuño a 24 de setembro
Monte do Gozo
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Noites do Porto: Sen Senra
23 de setembro
Muelle de Batería- Puerto de A Coruña
Terraceo Fest: Hard GZ
23 de setembro
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo