Evento: V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais

V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais
sábado, 17 abril, 2021 - 12:00
Cidade da Cultura de Galicia
, Santiago de Compostela

V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais

Os encontros reunirán expertos do eido musical en tres sesións, baixo o título Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital

A Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza organizan o V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais baixo o título 'Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital'. As citas, programadas para os sábados 13 de marzo, 17 de abril e 8 de maio, abordarán as posibilidades dos medios dixitais para o desenvolvemento das carreiras de artistas que emprenden no sector musical.

As sesións, nas que participa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, incluirán un showcase dunha banda ou artista emerxente galega e poderán seguirse de xeito presencial, respectando as limitacións de capacidade marcadas pola lexislación no momento da súa celebración, e tamén a través de streaming.

Como novidade, nesta edición as xornadas serán itinerantes e mudarán da sede de Paideia na Coruña para desenvolverse no Salón Teatro e na Cidade da Cultura, en Santiago, e no Náutico de San Vicente, no Grove. Todas as sesións comezarán ás 12,00 e prolongaranse ata as 13,30 horas.

Tres sesións ata maio
Así, o Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o primeiro dos encontros Monetiza a túa música en liña o sábado 13, coa participación dos expertos na distribución de contido musical a través de plataformas dixitais Ana Biedma, A&R Label Manager en Altafonte, e Saúl Cabrera, director para España e LATAM en EmuBands. Moderado polo xornalista Luís Fraga, incluirá tamén a actuación da cantautora galega Sheila Patricia. As persoas interesadas en asistir poden realizar xa a inscrición a través da web da Fundación Paideia Galicia.

A seguinte xornada terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura o 17 de abril. Nela, Karen Saurí, produtora especializada en vídeos musicais na axencia audiovisual Canada, e Jesús Guisado, codirector do festival Monkey Week, afondarán no contido audiovisual no éxito musical. O derradeiro encontro será o 8 de maio no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove, coa manager Rosa Lagarrigue e a experta en medios de comunicación e radiofórmula Sandra Rotondo. Ambas analizarán o desenvolvemento do talento no escenario dixital.

A través desta iniciativa, búscase promover o intercambio, o debate e a reflexión entre profesionais da industria musical, así como ofrecer ferramentas para o crecemento do sector e o fortalecemento da súa actividade emprendedora.

Outras datas

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso os temas da arte
CURSO OS TEMAS DA ARTE
20 de abril a 22 de xuño
Museo de Belas Artes
I Foro de Educación- Pensando en educación
27 de abril
Paninfo de la Universidad
Isaac Díaz Pardo. Memoria viva
7 de decembro a 31 de decembro
Evento online