Evento: Banda Municipal de Música de Santiago: Romeo e Xulieta

Banda Municipal de Música de Santiago: Romeo e Xulieta
domingo, 7 marzo, 2021 - 12:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

Banda Municipal de Música de Santiago: Romeo e Xulieta

Concerto de música clásica.

Nace en 1848 como centro de formación de instrumentistas á que acudiron durante moitos anos os nenos acollidos na Casa Hospicio. Foi agrupación de afeccionados ata 1876 cando o Concello decide facerse cargo dela e comeza a profesionalizarse redactándose un regulamento para o seu funcionamento. Actualmente realiza os seus concertos no Teatro Principal e na Rúa do Vilar, praza da Quintana, Alameda e outros lugares da cidade na tempada de verán. Ten o seu local de ensaios e arquivo no Auditorio de Galicia e dentro do seu traballo cotián segue enriquecendo ás súas interpretacións que van do pasodobre ao repertorio sinfónico, pasando pola música tradicional e numerosas transcricións de obras clásicas de compositores de toda as épocas e obras específicas para banda de compositores actuais, en especial de compositores galegos.

Centra a súa actividade na programación da tempada cos ciclos de outono, inverno, primavera e verán, concertos sinfónicos no Teatro Principal e Auditorio de Galicia de outubro a maio, con numerosos directores e solistas convidados ademais de realizar colaboracións co CMUS de Santiago, Escolanía e Coro Cardeal Quiroga da Catedral de Santiago, Cantorum Compostellana Coniuntio, Treixadura, Cantigas e Agarimos, Broma, Tequexetéldere, entre outros; concertos didácticos para os colexios de Santiago e comarca, interpretando: Pedro e o Lobo; A Burricana Ramona, con narración de Paula Carballeira; A Boliña de Pan, con narración Celso Fernández; Concerto Singular con Píscore; Peer Gynt; A Frauta Máxica ou West Side Story con Viravolta Monicreques, por citar algún. Participa nos actos organizados polo Concello como a Ofrenda ao Apóstolo Santiago, entrega de medallas da Xunta de Galicia, procesións de Semana Santa, Feira do Libro ou Festas da Ascensión. Na tempada de verán, participa cunha programación especial no mes de xullo, un ciclo de concertos polos distintos barrios da cidade con motivo da celebración das súas festas, e como non os xoves pola tarde, os concertos na Praza dás Praterías, onde a Banda deleita coas súas actuacións aos composteláns e a milleiros de visitantes de todas partes do mundo que visitan Santiago de Compostela nesas datas.

  • 2019 - 11 Xullo. Banda de Música municipal de Santiago de Compostela

Máis eventos de tipo Concerto

Guadalupe Plata
22 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto Antía Muíño - Fin de Festa Letreseo 2025
23 de maio
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela
Os Carismáticos
23 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
24 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria