Evento: I Conferencia española de promoción do coñecemento sobre o océano

I Conferencia española de promoción do coñecemento sobre o océano
mércores, 24 febreiro, 2021 - 10:00
Evento online,
Santiago de Compostela

I Conferencia española de promoción do coñecemento sobre o océano

Conferencia organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar.

A I Conferencia española de promoción do coñecemento sobre o océano celebrarase o próximo 24 de febreiro organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR no marco do proxecto ICONA Iniciativa para a promoción da cultura mariña e o Coñecemento do Océano. A pesca e a acuicultura como sectores emblemáticos da economía azul en España.

O obxectivo da conferencia, que se desenvolverá en formato virtual, é expoñer os avances en materia de divulgación mariña, facilitar a colaboración entre as organizacións involucradas neste ámbito e tentar definir unha estratexia para seguir avanzando.

Especialmente dirixida a toda a comunidade de organizacións que realizan actividades de divulgación e educación sobre o medio mariño, a asistencia á xornada, que incluirá sesións de mañá e tarde, é gratuíta, aínda que será necesario rexistrarse (https://www.cetmar.org/seminarios/icono-febreiro-2021/). A axenda da conferencia estará dispoñible proximamente no mesmo ligazón facilitada para o rexistro.

A I Conferencia española de promoción do coñecemento sobre o océano? é unha actividade do proxecto ICONA, que lidera a Fundación CETMAR, e cuxo obxectivo é promover a cultura mariña e o coñecemento do océano entre todos os estamentos da sociedade, aproveitando o esforzo divulgador e formativo que se está facendo no noso país, co fin de incrementar a súa visibilidade e impacto.

ICONA está financiado pola Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España
16 de marzo a 18 de marzo
Museo Catedralicio de Santiago de Compostela
Portada da publicación da Peza do Mes de marzo do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Pesas de tear tardorromanas
1 de marzo a 31 de marzo
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro: Gaza un xenocidio televisado
24 de marzo
Biblioteca Pública de Ourense
CULTUREARTE
17 de marzo
Colexio Maior Arosa