Evento: Colección Pictórica de José Otero Abeledo (Laxeiro)

Colección Pictórica de José Otero Abeledo (Laxeiro)
martes, 1 xaneiro, 2019 a domingo, 1 xaneiro, 2023
Casa das Artes,
Vigo

Colección Pictórica de José Otero Abeledo (Laxeiro)

Exposición permanente de José Otero Abeledo.

A Fundación Laxeiro en Vigo é a mellor forma de descubrir a José Otero Abeledo. Máis coñecido como Laxeiro (Lalín 1908 ? Vigo 1996), este vigués de adopción é unha figura clave na historia da pintura galega.

A exposición permanente está integrada por máis de 60 obras deste artista, considerado o máximo representante do movemento coñecido como ?Renovadores da vangarda histórica galega?. Os seus integrantes foron protagonistas dunha renovación plástica que superaba o regionalismo imperante na época e que situaba a identidade estética galega en consonancia coas tendencias europeas.

Se queres ver a exposición nunha visita guiada, reserva con dous días de antelación. Duran uns 40 minutos e fanse en grupos máximos de 20 persoas. Podes facer a reserva por teléfono ou por correo electrónico.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona