Evento: Love está no aire

Love está no aire
xoves, 25 febreiro, 2021 - 20:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Love está no aire

Novo espectáculo do cómico e actor galego David Amor.

Love está no aire é o novo espectáculo do cómico e actor David Amor. O pontevedrés coas mans máis grandes fala das súas novas inquietudes sen deixar de lado una das súas últimas paixóns: os aeroportos. David pensaba que non podería escribir un novo show se estaba todo o día vendo a tele... Ou si? E deuse conta de que hai programas de televisión que necesitan ser contados. Pero o show tamén nace da necesidade. Tras gañar o premio do público de Festival Internacional de Teatro de Villanueva de la Serena, o galardón consistía en volver actuar á seguinte edición cun espectáculo novo.

E para iso nace Love está no aire. 80 minutos onde percorrerás toda a grella televisiva sen tocar o mando, pero tamén descubrirás por que a xente pasa sede nun aeroporto ou por que David nunca poderá ser Rafa Nadal.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
22 de maio
Refectorio do Mosteiro
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester