Evento: Comando comadres

Comando comadres
venres, 8 abril, 2022 - 21:00
Teatro Lauro Olmo,
O Barco de Valdeorras

Comando comadres

Espectáculo de teatro a cargo de Matrioshka Teatro Pontevedra.

Un espectáculo en clave de humor para público adolescente e adulto no que un grupo de artivistas organizadas en diferentes comandos poñen en evidencia as múltiples manifestacións da violencia patriarcal e cuestionan a persistencia dos seus valores no pensamento hexemónico actual e na xestión dexenerativa dos recursos naturais.

A peza está composta por cinco comandos de temáticas diferentes:

COMANDO MEIGAS céntrase na demonización das mulleres que non encaixamos no modelo patriarcal.

COMANDO SIÑAS fálannos da invisibilización das mulleres de certa idade que xa non cumprimos as expectativas reprodutivas do patriarcado.

COMANDO SACHO afiánzase na sabedoría e na fortaleza das mulleres lonxe dos estereotipos de ser débiles ou vítimas.

COMANDO RETRANCA expón con humor as falacias que durante séculos dixéronse das mulleres.

COMANDO CATAPLASMA reivindica o saber ancestral das mulleres en conexión coa terra e os ecosistemas saudables, o coñecemento e uso das plantas e os procesos de acompañamento e coidados

Máis eventos de tipo Espectáculo

Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Mitos, lendas e cantigas. Homenaxe a Begoña Caamaño
15 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
21 de maio
Espazo Sociocultural da Rúa Camilo José Cela
transparentar
Galicia Escena PRO: Transparentar
25 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea