Evento: Adrian Díz

Adrian Díz
sábado, 15 xaneiro, 2022 - 19:30
Liceo de Ourense,
Ourense

Adrian Díz

Concerto de música pop.

Adrían Diz empezou a cantar recentemente cumpridos os 15. «Foi grazas a un festival do colexio», lembra. Despois diso apuntouse ao coro da igrexa do seu pobo, San Mamede de Urrós, en Allariz. Alí a súa avoa e os veciños animáronlle a seguir crecendo musicalmente, encantados de escoitar a melódica voz do pequeno. Do canto pasou á guitarra. Foi grazas a Joaquín Sabina. «É o cantautor que máis me emociona e de feito a miña principal motivación para aprender guitarra foi poder interpretar os seus temas», explica. Comezou de forma autodidacta, mirando vídeos en Youtube, e acabou dando clases con Fernando Calvo, guitarrista dos Suaves. Os seus primeiros concertos chegaron de casualidade, grazas á oportunidade que lle deu outro músico ourensán, Andrés Montes, vocalista dos Gin Toni’s. «Convidoume a cantar con el e non o dubidei. Logo animoume a que tentase contactar co Liceo e propuxéselles unha actuación en directo», di. Gustoulles e desde entón, fai cinco anos, non parou de subirse aos escenarios.

  • Adrián Diz - La llamada (Leiva)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5