Evento: Exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento'

Exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento'
luns, 21 decembro, 2020 a venres, 5 marzo, 2021
Biblioteca de Galicia
, Santiago de Compostela

Exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento'

Unha homenaxe ao autor da célebre novela 'La Casa de la Troya'

A Biblioteca de Galicia acolle ata principios do próximo marzo a exposición 'Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento' unha mostra coa que a Xunta de Galicia rende homenaxe ao autor da célebre novela 'La Casa de la Troya' a través dun percorrido histórico sobre o impacto desta publicación e os vínculos do xornalista coa cidade de Santiago de Compostela.

Trátase dunha exposición imprescindible para coñecer a sólida relación de Pérez Lugín con Galicia e poñer en valor a fonda pegada que esta publicación deixou na literatura como referente da denominada novela estudantina a través dunha excelente descrición da Galicia.

A Biblioteca de Galicia expón así deferentes pezas e exemplares únicos a través de cinco eixos temáticos. O primeiro deles céntrase na cidade de Compostela en tempos da Casa da Troia, mentres que o segundo afonda no impacto da novela e do emprego da linguaxe expresiva na época. O terceiro dos eixos baséase nas versións teatrais e cinematográficas das publicacións e o cuarto nos libros que tratan sobre a Casa da Troia, entre eles a primeira edición de La Casa de la Troya, de 1915, cuxa portada fixo Castelao e que recibiu en 1916 o premio Fastenrath da Real Academia Española. O último dos apartados leva o título de A Casa da Troia: un fenómeno editorial.

Lugín en Compostela, 150 anos do seu nacemento poderá verse, con entrada gratuíta, na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura ata o 5 de marzo en horario de 10.00 a 20.00 horas.

Máis eventos de tipo Exposición

Cartel Crecer co mar
Crecer co mar. Os gozos e as sombras dunha vila mariñeira
6 de agosto a 30 de decembro
Museo Massó
Compostela Photo
1 de xullo
Varios espacios
Os nosos fondos
1 de xullo a 7 de febreiro
Museo Municipal de Ourense