Evento: O Mago Teto: Tolemaxias

O Mago Teto: Tolemaxias
sábado, 4 febreiro, 2023 - 17:30
Vigo,
Vigo

O Mago Teto: Tolemaxias

Espectáculo de maxia.

O debut do Mago Teto tivo lugar o Día das Letras Galegas de 1992. Nese 17 de maio subía ao escenario do seu instituto de Viana do Bolo para sorprender aos seus compañeiros. Catro anos despois, chegaba o despegue profesional con A maxia dos soños. Desde a estrea dese primeiro espectáculo en 1996, con tan só 19 anos, o Mago Teto foise convertendo nun dos ilusionistas máis veteranos e relevantes en Galicia. Habitual na televisión desde os seus comezos, goza dun gran recoñecemento por parte do público. Os seus espectáculos adáptanse a calquera tipo de escenario, da rúa ás salas, pasando por grandes teatros. No seu repertorio combínanse así deseños para espazos reducidos con outros de gran formato, outorgándolles aos seus trucos un amplo abano de posibilidades. Tolemaxias, Perto de ti ou O afiador son algúns dos seus shows clásicos.

Despois de tres anos xogando con outras artes escénicas nos seus espectáculos, como a música en directo, o teatro ou a danza en Maxia da Santa Compaña e O Afiador, o Mago Teto retorna á esencia do ilusionismo en estado puro cun espectáculo cheo de efectos novidosos no que toca todas as disciplinas da maxia, dende efectos de maxia de cerca ata grandes ilusións, pasando polo mentalismo, a manipulación… Iso si, sempre acompañados de situacións absurdas e surrealistas cun toque canalla. Esta menestra ten como obxectivo final a realización dun espectáculo entretido, divertido, estético, emotivo e, sobretodo, cheo de ilusión e ilusións.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés