Evento: Mago Román: Laberinto de ilusións

Mago Román: Laberinto de ilusións
mércores, 21 decembro, 2022 - 14:30
CEIP A Castellana,
Aranga

Mago Román: Laberinto de ilusións

Espectáculo de maxia.

Román García (A Coruna, 1977) é un coñecido, premiado e innovador ilusionista galego.

Dende moi novo sentiuse atraído pola arte da maxia. Os seus comezos producíronse na Sociedade Coruñesa de Ilusionismo, á que acudía co seu irmán Kiko e o seu amigo Luis Piedrahita e onde aprendeu de grandes mestres como Lorc e Pablo, que lle revelaron os segredos da maxia.

Pronto a súa paixón convertiuse en profesión e en 1996 obtivo o Primeiro Premio Nacional de Maxia de preto en Vitoria. Dende entón, son habituais as súas intervencións televisivas en cadeas públicas e privadas (TVE1, TVE2, TVG, Antena 3, Cuatro, Localia...), así como en diversos programas radiofónicos.

É membro da Sociedade Coruñesa de Ilusionismo e da Asociación de Magos Profesionais de Galicia. As súas creacións máxicas foron presentadas e premiadas en numerosos congresos nacionais e internacionais de ilusionismo, o que lle valeu o reconecemento de magos de todo o mundo.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, Román une no seu espectáculo arte e ciencia, comedia e drama, imaxinación e realidade...

Miles de espectadores, cautivados polo estilo fresco e desenfadado deste xoven ilusionista, puideron disfrutar do seu espectáculo en todo tipo de eventos públicos e privados.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ramona Órbita. A dona do tempo, Pakolas
Ramona Órbita. A dona do tempo
22 de novembro
Biblioteca de Galicia
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés