Evento: 25N: mónologo teatral 'Golpes'

25N: mónologo teatral 'Golpes'
martes, 24 novembro, 2020 - 20:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

25N: mónologo teatral 'Golpes'

Programación da Xunta de Galicia no #25N Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

A Xunta de Galicia ofrece na Cidade da Cultura a representación de 'Golpes', un monólogo teatral contra a violencia machista producida pola compañía galega aAntena interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga. A peza escenificarase no Museo Centro Gaiás con entrada de balde, previa retirada de convite en ataquilla.com.

Esta actividade conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e enxírese dentro da ampla programación da Xunta de Galicia vencellada coa celebración do Día contra a Violencia de Xénero que se celebra internacionalmente o 25 de novembro.

Con 'Golpes', a compañía aAntena tira proveito do talento de Estíbaliz Veiga para pór en escena un relato cru e directo de como unha moza vai cedendo nunha relación de parella desigual ata irse atopando fóra da súa personalidade.

Ao rematar a representación do monólogo teatral, abrirase un faladoiro coa actriz para abordar máis polo miúdo coas e cos espectadores o afondado na peza co ánimo de abrir reflexións e tirar conclusións conxuntas.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés