Evento: Angelus Apátrida

Angelus Apátrida
sábado, 28 novembro, 2020 - 22:30
Evento online,
Santiago de Compostela

Angelus Apátrida

Concerto de metal.

Os albaceteños celebran neste fatídico 2020 o seu X Aniversario. Dúas décadas cheas de fitos, como a chegada ao segundo posto nas listas de vendas co seu álbum ?evolution (2015),
ser cabeza de cartel nun festival en África, a xira mundial que fixeron en 2016 desde Patagonia a Australia, o mítico concerto no Rock ao Parque de Bogotá, as súas visitas a China e Xapón, os seus lembrados shows en Wacken ou Hellfest, os concertos con SLAYER, MEGADETH e ANTHRAX ou o seu histórico debut en Venezuela. Dúas décadas redefinindo o
son e a actitude do heavy metal, fieis ao seu estilo thrash rompe pescozos e á súa mensaxe, inasequibles ao desalento e ás modas, impecables no estudo, demoledores en directo, desde as táboas do escenario máis diminuto aos escenarios máis grandes do mundo. A banda, que xa ten anunciada unha impresionante xira europea para 2021, atópase en plena gravación do seu sétimo álbum.

  • ANGELUS APATRIDA - End Man (OFFICIAL VIDEO)

Máis eventos de tipo Concerto

Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
French Riviera
3 de maio
A Pousada da Galiza Imaxinaria