Evento: Descenso Internacional do Miño

Descenso Internacional do Miño
sábado, 16 agosto, 2025 - 12:00
Río Miño,
Tui

Descenso Internacional do Miño

Festa de Interese Turístico

Esta actividade deportiva está organizada polo Club Kayak Tudense e consiste en percorrer 17 km polo Miño en piragua con saída en Salvaterra de Miño e que remata nas instalacións de piragüismo e remo de Tui. Os padexeiros participan nas categorías de cadete, xuvenil, sénior e veterano.
O Descenso Internacional do Miño de Tui é unha das competicións de descenso de ríos que máis prestixio outorga aos seus vencedores xa que se considera de “alta competición” debido ao nivel de exixencia requirido para acadar unha boa posición na meta. Entre os gañadores atópanse campións olímpicos e mundiais.
Xunto con esta competición desenvólvese o Descenso popular do Miño, que consiste en percorrer 7 km polo Miño, gozando da paisaxe que se pode ver a ambas marxes do río ao seu paso polos concellos de Tui e Valença, desde A Ribeira de Caldelas ás instalacións do Club Kayak Tudense.
É un percorrido suave sen dificultades e apto para calquera persoa afeccionada ao deporte sen ser preciso que posúa un dominio da piragua.

Para non perder:
Unha vez rematado o percorrido ten lugar a celebración dunha romaría popular amenizada por grupos folclóricos.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Reconquista
21 de marzo a 29 de marzo
Varios espazos
Semana Santa do Carballiño
22 de marzo a 5 de abril
Semana Santa de Lugo
25 de marzo a 5 de abril
Lugo
Semana Santa de Cangas
26 de marzo a 5 de abril
Cangas