Evento: 'O premio'

'O premio'
domingo, 18 outubro, 2020 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

'O premio'

Quinto espectáculo de La Quintana Teatro coproducido co Centro Dramático Galego (CDG)

La Quintana Teatro representa o sábado 17 (20.30h) e mais o domingo 18 (18.00h) no Salón Teatro de Santiago a función 'O Premio', realizado en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) e que chegará a Compostela despois da súa estrea o xoves 15 no Teatro Principal de Ourense, como parte da carteleira do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).

Marián Bañobre dirixe O Premio a partir dun texto de Santiago Cortegoso, que se leva a escena coas interpretacións de Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada, candidata a mellor actriz secundaria nos Premios de Teatro María Casares por Neorretranca e posmorriña, a última produción propio do CDG.

No equipo artístico e técnico, atópanse tamén Marisa de Laiglesia (escenografía e vestiario), Javier Quintana (deseño de iluminación), Anxo Outumuro (técnico de luces), Lucía Estévez (vídeo), José Luis Fraga (creación sonora) e María Moral (distribución).

 

O Premio é o quinto espectáculo de La Quintana Teatro, no que o Centro Dramático Galego participou en réxime de coprodución como residencia artística. Así, o CDG prestoulle apoio económico e técnico á compañía para a súa nova montaxe, ademais de cederlle as súas instalacións para ensaiar e estrear o pasado mes de marzo, evento que tivo que ser suspendido ao decretarse o estado de alarma.

As localidades poderán adquirirse no despacho de billetes desde dúas horas antes de cada pase e de xeito anticipado a través da web e do teléfono de venda de entradas de Abanca.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés